FESTA para celebrar o Día da Patria en Madrid

FESTA para celebrar o Día da Patria en Madrid

O próximo venres 22 levaremos a cabo a nosa primeira actividade pública. Será unha festa para conmemorar tamén na diáspora o noso día nacional, no que reivindicamos o dereito do noso pobo a existir, en pé de igualdade co resto de nacións do mundo.

A festa terá lugar o venres 22 de xullo a partir das 21h no bar Naranjo de Bulnes (R/ Salitre, no barrio de Lavapiés) e nela contaremos con música, vídeos, bebida e comida do país.

Estades tod@s convidad@s!

Festa DdP