Proxección de “As Encrobas, a ceo aberto”

O luns 24 de abril proxectaremos no C.S. 3peces3, en Lavapiés, o documental “As Encrobas, a ceo aberto”, dirixido por Xosé Bocixa.

A historia que viviron e viven veciños das Encrobas (Cerceda) desde o momento en que se propón a extracción de carbón (1974) enterrado debaixo dun gran e fértil val. Pretendíase, co apoio do réxime franquista, a expropiación de terras para que Unión Fenosa explotase a mina. Tralo conflito chegou un acordo que só foi parcialmente respectado. Trinta anos despois, case mil persoas tiveron que abandonar o val. Documental estreado 12/5/07.

encrobas